jueves, 21 de febrero de 2019

RICARDO GÓMEZ GIL: "UN CHICO DIFERENTE"


Hoxe a os nenos e nenas de 5º veu visitar  RICARDO GÓMEZ GIL  o autor de  " Un mozo diferente" que nos conta o retrato de Samuel, que acaba de cumprir 10 anos e iso para el é motivo de profunda reflexión porque o resto da súa vida pasarao con dúas cifras. Samuel é un raparigo cunha síndrome de asperger, ou algún trastorno do espectro autista. E é un libro que nos permite pensar e entender que detrás das aparentes excentricidades de Samuel, hai un neno que quere ser feliz, que quere vivir coas súas teimas e que necesita apoio e agarimo constantemente. Se o pensamos detidamente, dámonos conta de que esas “diferenzas” non son tales á fin e ao cabo.

O libro está escrito en primeira persoa, Samuel reflexiona, entende e fai esforzos para integrarse na vida da súa familia e nas rutinas da escola. A psicóloga é quen o guía e quen lle marca as pautas.

Un mozo diferente” é un libro espléndido, sen dúbida, por esa capacidade que ten Ricardo Gómez Gil de permitir que sexa Samuel quen se exprese, debuxe, pense e reflexione.

JORDI VILA DELCLÓS ilustra o texto captando as sombras, as escuridades que atormentan ao mozo e das que, dalgunha maneira, logra saír adiante. 


Unha historia que nos entretivo e fíxonos reflexionar. 


Moitas grazas Ricardo, esperamos volverche a ver de novo pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario