miércoles, 5 de febrero de 2014

ENCONTRO CON PERE TOBARUELA MARTÍNEZ, ESCRITOR


Desde que soubemos que Pere Tobaruela ía ser o noso invitado en "Encontros co Autor", estábamos desexando charlar con él, e comentarlle unha chea de cousas sobre a súa obra.

Pere Tobaruela Martínez (Barcelona, 1965), Desde 2005 está instalado en Galicia.  é un escritor Licenciado en Xeografía e Historia, é autor de máis dunha cuarentena de obras, alternando a escritura en castelán, catalán e galego. Unha das cousas que máis nos gustou foi que escribise, indistintamente, nos tres idiomas.
Sobre o que o leva a escribir en galego, pere opina:
- Actualmente vivo en Galicia e o simple feito de vivir nun país cunha lingua propia leva consigo, para min, falar e escribir nesa lingua. É pura cuestión de lóxica, creo eu. De respecto tamén… Coñecer outra lingua, somerxerte nas súas palabras ábreche a mente, sérveche para valorar e ver o mundo desde outra perspectiva. Creces como persoa. E no meu caso pásao ben. Que máis se pode pedir?
 
Amante das tecnoloxías, está publicando unha novela por entregas na rede titulada "SEMPRE PERDEN OS MESMOS"
Os seus incursiones na literatura infantil e xuvenil son abundantes; pero tamén publica comic ou ensaio.

Nós antes de recibilo, leimos "O ENCANTO DÁ PEDRA CHÁ" 

 O autor de "O encanto dá Pedra Chá" basease nun poema de Rosalía, as ilustracións deste libro son de Daniel Xove Álvarez
"O encanto dá Pedra Chá" é un poema no que un nobre cabaleiro enfeitiza unha rapaza con riquezas terreais. Ela cae na tentación e paga coa súa propia vida.
Tres rapaces de hoxe, Luía, Xela e mais Bieito, visitan unha antiga posesión familiar cunha gran casa en desuso. Nun cuarto dá vivenda atopan unha lápida cunha inscrición na que se pode ler un anaco do poema de Rosalía. Ao carón dá lápida, hai unha porta que agocha un mundo misterioso e aparentemente silandeiro.
Que pasa cando a ficción se fai realidade? Traspasa a porta con Luía, Xela e Bieito
 ¡nós xa o comprobamos!
                       
                    
¡ Foi un "Encontro" moi interesante!