viernes, 27 de enero de 2017

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ


Esta semana tivemos a sorte de coñecer a Ricardo Gómez, o autor de "El perro que buscaba a las estrellas", un divertido libro co que os nenos e nenas de primeiro gozaron moitísimo. coñeceron a Gos, un can vagabundo que decide abandonar o mundo de cans onde viviron a súa nai e os seus irmáns. Os cans vagabundos non teñen que dar explicacións a ninguén e el busca estrelas preguntando a quen non teñen reparos en falar cun can vagabundo. E acábaas atopando preto, nun lugar insospeitado...
 

Tiñámoslle preparada unha pequena sorpresa, a súa historia habia servido de inspiración a uns preciosos debuxos sobre Gos que, a Ricardo Gómez gustáronlle moito. O noso encontro con él foi moi entretido contounos moitas cousas sobre el e os seus libros.

Tamén estubo nas aulas de 6º onde falaron sobre o libro que leron "La Isla de Nuncameolvides", onde nos fala de Fabio que desde neno, soñaba con ver o mar, e todo o que lle pasa hasta que un día chega a porto un remoldador, arrastrando un barco que ía á deriva. Dentro, un solitario tripulante vagabundo. E, con el, un mapa, un segredo e unha aventura...... a illa de Nuncameolvides.

GRAZAS FOI UN ÉXITO!!!