miércoles, 27 de febrero de 2019

PAULA CARBALLEIRA: BRUXAS E FAMILIA



Que sorte tivemos! Paula Carballeira estivo hoxe no noso cole, cos alumnos de 3º, recibímola cun gran cartel, cunha das preciosas ilustracións do seu libro.
Esta vez o libro que nos presenta é “Bruxas e Família”, Paula anímanos a mirar ao redor con outros ollos para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.
Ao acabar asinounos os libros que habiamos leido, pero como sempre que nos visita Paula Carballeira, sóubonos a pouco e xa estamos a desexar volver vela e escoitar e ler as súas historias. 

Grazas Paula!!!
Ata sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario