Ao principio, o escenario do cemiterio, parecíanos un pouco arrepiante, pero aos poucos iamos lendo unha historia chea de originalidad, aventura, emoción, maxia, amor e un macabro e desbordante humor. As ilustracions de VICTOR RIVAS son preciosas.
A moitos de nós, o que máis nos gustou foron esas larpeiras receitas, que fixeron que nos entrase curiosidade polo mundo da cociña, tanta curiosidade, que nos animamos a facer algunhas de esas receitas.
Durante o noso encontro, a autora contounos moitas cousas sobre ela e o seu libro, contounos como de pequena gustáballe moito cociñar, pero non lle saía nada ben, entón a súa irmá facía cousas riquísimas e ela as comía... ,e que quizais por iso lle gustaba motivarnos para que nos achegásemos á cociña. Tamén contestou a todas as nosas preguntas, que foron moitas...!
Pasámolo Super ben...!!!
«Escarlatina, a cociñeira defunta é fundamentalmente un libro de humor. Quixen facer do macabro algo divertido, desmitificando a morte e o seu significado. Pensei no libro que a min me gustaría ler se fose unha nena e apostei polo mundo da cociña, emprendendo unha ruta gastronómica polo Máis Alá.» Ledicia Costa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario