miércoles, 14 de mayo de 2014

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

Chegou ao noso cole Fran Alonso para falarnos principalmente da súa obra "Cidades".


O libro,  resultounos unha lectura moi entretida, pero nada comparado co ben que nolo pasamos cando Fran Alonso empezou a falarnos... a lernos... a contarnos..., parecía "MÁXIA".
 
Recoñecido e unanimamente aplaudido, "Cidades" converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que todos entremos na poesía.

CEIP "A PONTE" OURENSE by Slidely Slideshow
 
...Non queriamos que se acabase "O ENCONTRO CON FRAN ALONSO"!!!
 
 Enlace onde podes atopar a biografía, obra, recursos didácticos dos seus libros, e entrevistas a Fran Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario