O libro, resultounos unha lectura moi entretida, pero nada comparado co ben que nolo pasamos cando Fran Alonso empezou a falarnos... a lernos... a contarnos..., parecía "MÁXIA".
Recoñecido e unanimamente aplaudido, "Cidades" converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que todos entremos na poesía.
CEIP "A PONTE" OURENSE by Slidely Slideshow
CEIP "A PONTE" OURENSE by Slidely Slideshow
...Non queriamos que se acabase "O ENCONTRO CON FRAN ALONSO"!!!
Enlace onde podes atopar a biografía, obra, recursos didácticos dos seus libros, e entrevistas a Fran Alonso