viernes, 25 de abril de 2014

VIDEOCONFERENCIA CON RAFAEL ORTEGA DE LA CRUZ.

O día 25 os alumnos de 5º , e como actividade dentro deste mes dos libros, gozamos dunha videoconferencia, pero non só, era unha novidade, esta forma de encontro para nós, senón para o noso autor, RAFAEL ORTEGA DE LA CRUZ, do que tamén era a seu primer encontro con un cole, a través de videoconferencia.
Trátase dun mestre que segundo, él dice: "empecei polo ano 1970 a ir á escola e aínda sigo en ela ...aprendendo". E é que ademais do seu labor docente, Rafael é un apaixonado da mellor literatura infantil e xuvenil de todos os tempos.
Probablemente iso levoulle a crear as súas propias historias cun fondo cheo de matemáticas. As súas obras destilan literatura, aventuras e xogos matemáticos
 
 
O libro do que falamos, e que nós lemos é ," EL INCREIBLE VIAJE DEL CERO", o libro da colección "Lucía y Bruno" para o alumnado de 5º de primaria. Neste libro Lucía terá un mestre moi interesante: pensa que a linguaxe é moi importante nas matemáticas e que as mates non só están nos libros, senón no mundo que nos rodea. Ademais, o mestre conta misteriosas historias de tempos afastados, como a viaxe do cero ata chegar á nosa cultura. A sua ilustradora é María Luz Igolnikow.

 
Foi moi interesante. Estamos preparados para o próximo...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario