-
- Hoxe, aos nenos e nenas de cuarto de Primaria, visitounos a escritora María Reimóndez, veunos falar do seu libro "Ou xeito dás froitas", editado por Obradoiro- Santillana e ilustrada por Alicia Varela.
- Na xuntanza María leu algúns anacos do libro, falamos dous temas do libro, a amizade, a autoestima, a convivencia ou desenvolvemento persoal, a empatía, a familia, a igualdade, a liberdade, ou respecto, a solidaridade..., contou as razóns que a levaron a escribilo e contestou as nosas preguntas.
- Fíxonos reflexionar sobre moitas cousas.
-
- Foi unha xuntanza moi entretida.
ENCONTROS CO AUT@R
jueves, 28 de marzo de 2019
MARÍA RAIMÓNDEZ: O XEITO DAS FROITAS.
miércoles, 27 de febrero de 2019
IRIA MISA: MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST
Hoxe
27 os mozos e mozas de 5º tivemos moita sorte, non só fomos O
Liceo de Ourense, situado no Pazo da familia Oca-Valladares que é
un dos pazos gótico-renacentistas máis importantes de
Galicia, senón que ademais coñecemos á autora do ultimo
libro que lemos.
A
escritora baionesa Iria Misa que nos presentou a súa última
novela, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, ilustrada por
Alba Barreiro, e que conta a historia de Aine, unha meniña de
nove anos que non se identifíca co sexo e xénero asignado ao
nacer e que sente unha admiración especial por todo canto
representa a figura de Ziggy Stardust un músico marciano que podía
ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, ou seu
inseparable amigo imaxinario, ía lograr.
Grazas
por escribir este libro, gustounos moito, coidamos que é un libro
necesario e fantástico para dar visibilidade á diversidade.
Pasámolo
xenial
PAULA CARBALLEIRA: BRUXAS E FAMILIA
Que
sorte tivemos! Paula Carballeira estivo hoxe no noso cole, cos
alumnos de 3º, recibímola cun gran cartel, cunha das preciosas
ilustracións do seu libro.
Esta
vez o libro que nos presenta é “Bruxas e Família”, Paula
anímanos a mirar ao redor con outros ollos para intentar comprender
o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.
Ao
acabar asinounos os libros que habiamos leido, pero como sempre que
nos visita Paula Carballeira, sóubonos a pouco e xa estamos a
desexar volver vela e escoitar e ler as súas historias.
Grazas
Paula!!!
Ata
sempre.
jueves, 21 de febrero de 2019
RICARDO GÓMEZ GIL: "UN CHICO DIFERENTE"
Hoxe a os nenos e nenas de 5º veu visitar RICARDO GÓMEZ GIL o autor de " Un mozo diferente" que nos conta o retrato de Samuel, que acaba de cumprir 10 anos e iso para
el é motivo de profunda reflexión porque o resto da súa vida
pasarao con dúas cifras. Samuel é un raparigo cunha síndrome de
asperger, ou algún trastorno do espectro autista. E é un libro que
nos permite pensar e entender que detrás das aparentes
excentricidades de Samuel, hai un neno que quere ser feliz, que quere
vivir coas súas teimas e que necesita apoio e agarimo
constantemente. Se o pensamos detidamente, dámonos conta de que esas
“diferenzas” non son tales á fin e ao cabo.
O
libro está escrito en primeira persoa, Samuel reflexiona, entende e
fai esforzos para integrarse na vida da súa familia e nas rutinas da
escola. A psicóloga é quen o guía e quen lle marca as pautas.
“Un
mozo diferente” é un libro espléndido, sen dúbida, por esa capacidade que ten Ricardo Gómez Gil de permitir que sexa Samuel quen se
exprese, debuxe, pense e reflexione.
JORDI VILA DELCLÓS ilustra o texto captando as sombras, as escuridades
que atormentan ao mozo e das que, dalgunha maneira, logra saír
adiante.
Unha
historia que nos entretivo e fíxonos reflexionar.
Moitas
grazas Ricardo, esperamos volverche a ver de novo pronto.
jueves, 7 de febrero de 2019
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS: "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA", E "AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZA PÉREZ"
Os
alumn@s de 6º levan algún tempo traballando cos libros
"Escarlatina,
a cociñeira defunta" e "As peripecias de extravaganza
Pérez",
e onte tiveron a oportunidade de volver ver a súa autora, Ledicia
Costas.
Os rapaces demostraron ser moi fans da autora e, ademais de
organizarlle unha recepción ao grande, demostraron ler en detalle
ambos libros.
"Unhas
lecturas moi sinxelas e fáciles de ler", cóntanos Ledicia.
As
preguntas foron constantes, e os rapaces demostraron saber ben do que
estaban falando.
lunes, 4 de febrero de 2019
IAGO LÓPEZ: "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"
Hoxe
os nenos e nenas de 1º tiveron a visita de Iago López, o autor do
libro que xa leron e que tanto lles gustou. É unha historia
superentretenida onde se conta a festa de
aniversario do rei, e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa
mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta... as cenorias
desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta
chegue a tempo ao festexo.
Foi
un encontro moi entretido e o libro gustounos a tod@s moito.
martes, 22 de mayo de 2018
PAULA CARBALLEIRA, "BRUXA E FAMILIA"
Este luns 21 estivo connosco Paula Carballeira, a autora do libro "Bruxa e Familia", con ilustracións de Lucía Cabo, que os nenos e nenas de 3º xa leran.
Nós xa sabiamos que Paula era unha excelente escritora, pero coa súa visita démonos conta de que é unha fantástica contacontos. Contounos moitísimimas cousas sobre o seu libro e como creara os seus personaxes. Ao final asinounos unha dedicatoria nos nosos libros. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)