martes, 20 de marzo de 2018

LETICIA COSTAS: "A SEÑORITA BUBBLE"


Hoxe, os mozos e mozas de 6º, tivemos na biblioteca un encontró cunha das autoras que máis nos gusta, Leticia Costas...!!!
Esta vez vén para falarnos dun libro que nos encantou, fácil de ler, divertido e inxenioso, falounos dunha forma moi entretida do seu libro "A Señorita Bubble". 
A señorita Bubble chega por sorpresa a unha vila onde é acollida cun "odio repentino"...
Falounos dos estereotipos, a Señorita Bubble e “inventora e mecánica”, vistese coma quere, vive nunha casa fascinante e reivindica o mundo da ciencia e da tecnoloxía.
Falamos de Noa e Sofi as irmás que chegan para demostrarnos que non debemos fiarnos das aparencias e que debemos saber ver mais aló da imaxe que a desconfianza e o medo crean.

Un ESTUPENDO encontro con Leticia Costas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario