martes, 22 de mayo de 2018

PAULA CARBALLEIRA, "BRUXA E FAMILIA"


Este luns 21 estivo connosco Paula Carballeira, a autora do libro "Bruxa e Familia", con ilustracións de Lucía Cabo, que os nenos e nenas de 3º xa leran.
Nós xa sabiamos que Paula era unha excelente escritora, pero coa súa visita démonos conta de que é unha fantástica contacontos.
Contounos moitísimimas cousas sobre o seu libro e como creara os seus personaxes.
Ao final asinounos unha dedicatoria nos nosos libros.


FOI XENIAL!!!

viernes, 20 de abril de 2018

OLGA CUERVO, CONTACONTOS

O 19 de abril tivemos a visita de Olga Cuervo, unha contacontos coa que os rapaces e rapazas de 3º e 4º o pasaron fabuloso.


Esperamos que volva pronto a vernos.

jueves, 19 de abril de 2018

FINA CASALDERREY

Os alumnos de 3º, 5º e 6º, o mércores 18 recibiron a visita de Fina Casalderrey, falounos dos seus libros "O Estanque dos Parrulos Pobres", "Isha, nacida do corazón", "Unha Raiña Negra". Foi un encontró moi entretido.


Esperamos con impaciencia o seu próximo libro

miércoles, 18 de abril de 2018

MARÍA CANOSA, "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS"


O encontro con María Canosa, para falarnos do seu libro "O Día Que Choveu Do Revés", foi o dia 17 de abril para os mozos e mozas de 2º, dentro das actividades do Día do Libro.
Un libro e un encontro cheo de natureza, humanidade, fantasía, humor e optimismo.




Grazas María

martes, 17 de abril de 2018

PEPE TOBARUELA."FORMIGAS MISIÓN PARÍS"

Dentro das actividades que rodean ao Día do Libro, o luns 16 os nenos e nenas de 4º, tivemos a visita de Pepe Tobaruela para falarnos do último libro que leimos del, "Formigas: Misión París".
Falamos sobre o que máis nos gustou do libro, sobre como creou os personaxes e de moitas cousas máis.


Foi un encontro moi entretido, encantounos a visita

martes, 20 de marzo de 2018

LETICIA COSTAS: "A SEÑORITA BUBBLE"


Hoxe, os mozos e mozas de 6º, tivemos na biblioteca un encontró cunha das autoras que máis nos gusta, Leticia Costas...!!!
Esta vez vén para falarnos dun libro que nos encantou, fácil de ler, divertido e inxenioso, falounos dunha forma moi entretida do seu libro "A Señorita Bubble". 
A señorita Bubble chega por sorpresa a unha vila onde é acollida cun "odio repentino"...
Falounos dos estereotipos, a Señorita Bubble e “inventora e mecánica”, vistese coma quere, vive nunha casa fascinante e reivindica o mundo da ciencia e da tecnoloxía.
Falamos de Noa e Sofi as irmás que chegan para demostrarnos que non debemos fiarnos das aparencias e que debemos saber ver mais aló da imaxe que a desconfianza e o medo crean.

Un ESTUPENDO encontro con Leticia Costas!!!

jueves, 8 de marzo de 2018

ENCONTRO CON XAVIER ESTÉVEZ

Por medio do concello, hoxe estivo cos nós, os mozos e mozas de 5º, o escritor de literatura infantil e xuvenil Xavier Estévez, nós xa leramos a súa novela "Avións de papel".
Foi un encontro estupendo e tivemos uns invitados moi especiais, os mozos e mozas dá Anexa.
Falamos da sensibilidade, a amizade, a arte urbana dos grafittis e os murales, os debuxos e pinturas ( non das pintadas), e de moitas cousas máis.


A
s ilustracións do libro correron a cargo de Marcos Viso, son vivas e suxestivas e completan perfectamente o libro.

O
pintor Hopper, dá nome ao grafitero que vai obsequiando a todos e todas os que viven na cidade cos os seus murais.


G
razas pola túa visita, e grazas por esta bela lectura.

miércoles, 28 de febrero de 2018

VISÍTANOS PACO NOGUERIAS

Este luns, por cortesía de Kalandraca, tivemos a sorte de que viñera ao noso cole, un artista polifacético, Paco Nogueiras, non é a primeira vez que nos visita e esperabámolo con impaciencia.
Os afortunados foron os nenos e as nenas de 2º A e B.
Tod@s gozamos moitísimo, contounos e cantounos una chea de contos : "Griselda", "Animais de compañía", "A horta de Simón", Tomás o bromista"... todo isto na compañía do seu acordeón e o seu ukelele. 


Pasámolo Xenial!!!