Con este tipo de actividades queremos fomentar o seu gusto pola lectura, a comprensión lectora e a creación.
Para comenzar este curso, tivemos a gran fortuna de que os alumnos e alunmas de 4ºe 6º celebrasen un encontro con Joan Manuel Gisbert, un dos máis importantes escritores do panorama actual da literatura infantil española, as súas obras foron traducidas a vinte linguas e obtiveron os premios máis importantes do ámbito nacional.
O autor naceu en Barcelona en 1949. Na súa adolescencia foi un lector voraz de Xullo Verne e un entusiasta da literatura fantástica. É un dos autores máis coñecidos e premiados da narrativa española para moz@s, na que ocupa un lugar indiscutible.
As súas obras caracterízanse por partir da experiencia cotiá para construír un relato fantástico e misterioso e para mergullar aos protagonistas, habitualmente nen@s, en mundos de fantasía e imaxinación. Para escribir os seus libros baséase en todo o que viviu.
Nalgúns dos seus libros, el mesmo actúa como protagonista.
Os nen@s de 4ºe 6º leron "Orión e os animais magos" antes de ter un encontro co seu autor.
Por fin íamolo a coñecer!!!
Desde o principio mostrouse bromista e divertido e fíxonos unha exposición moi agradable. Relatounos como ía ideando aos poucos o que ía ocorrer nos seus libros e como ata soñaba cos personaxes e en soños insinuábanlle o que tiña que escribir sobre eles. Despois puidemos preguntarlle o que quixemos e asinou os nosos libros.
Gisbert, seguirémosche lendo!!!
Ata pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario