miércoles, 20 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


Os nenos e nenas de 2º de primaria coñecemos a Marcos Calveiro, o autor de "Raro" , o libro que todos xa lemos...
Marcos contounos como todos, por algún motivo, temos "rarezas", a súa é que utiliza calcetíns de
distinta cor, e preguntounos polas nosas.
Tamén nos contou como, a pesar de ser un libro moi pequeno, tardou 6 meses en escribilo, e é o
único que escribiu para nenos pequenos.
Gozamos moito deste escritor tan próximo, espontáneo e paciente con todas as preguntas que lle
fixemos.
Marcos soubo achegarse a nós e rirse connosco.




 

Sempre lembraremos o luxo extraordinario de poder coñecer a un escritor da súa calidade!!!

viernes, 1 de abril de 2016

ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS.


Este 31 de marzo, tivemos a sorte de recibir no noso cole a Érica Esmorís, esta autora veunos falar do seu último libro "Nena e o mar" polo que recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantíl 2015. Pero isto non foi todo, ademais fixémolo en moi boa compañía, convidamos os nosos veciñ@s do CEIP dá Antela de 6º curso, Que luxo!!!
Érica, contounos cousas dela, que naceu preto da praia, e que o mar, o sol e os libros é o que máis lle gusta , que estudou veterinaria polo seu amor aos animais; que admiraba a Pippi Langstrumpf...e un monton de cousas mais.
Érica contounos que "Nena e ou mar", é un relato de superación onde a desidia pode ser superada pola forza do amor.


 
Foi moi entretido, pasámolo xenial!!!

martes, 19 de enero de 2016

ENCONTRO CON JOAN MANUEL GISBERT

Desde hai anos, no noso colexio procuramos que os nosos alumnos e alumnas manteñan varios contactos con escritores, ilustradores e animadores de literatura infantil e, desta maneira, ao longo da sua escolaridad, teñan a oportunidade de coñecer a diferentes persoas que traballan en torno ao mundo da creación .
Con este tipo de actividades queremos fomentar o seu gusto pola lectura, a comprensión
lectora e a creación.


Para comenzar este curso, tivemos a gran fortuna de que os alumnos e alunmas de 4ºe 6º
celebrasen un encontro con Joan Manuel Gisbert, un dos máis importantes escritores do panorama actual da literatura infantil española, as súas obras foron traducidas a vinte linguas e obtiveron os premios máis importantes do ámbito nacional.
O autor naceu en Barcelona en 1949. Na súa adolescencia foi un lector voraz de Xullo Verne
e un entusiasta da literatura fantástica. É un dos autores máis coñecidos e premiados da narrativa española para moz@s, na que ocupa un lugar indiscutible.
As súas obras caracterízanse por partir da experiencia cotiá para construír un relato
fantástico e misterioso e para mergullar aos protagonistas, habitualmente nen@s, en mundos de fantasía e imaxinación. Para escribir os seus libros baséase en todo o que viviu.
Nalgúns dos seus libros, el mesmo actúa como protagonista.

Os nen@s de 4ºe 6º leron "Orión e os animais magos" antes de ter un encontro co seu autor.
Por fin íamolo a coñecer!!!
Desde o principio mostrouse bromista  e divertido e fíxonos unha exposición moi agradable. Relatounos como ía ideando aos poucos o que ía ocorrer nos seus  libros e como ata soñaba cos personaxes e en soños insinuábanlle o que tiña que escribir sobre eles.
Despois puidemos preguntarlle o que quixemos e  asinou os nosos libros.

Gisbert, seguirémosche lendo!!!
Ata pronto!!!