viernes, 5 de junio de 2015

ENCONTRO CON RAMÓN CARIDE OGANDO

Ramón Caride presenta nesta novela curta  un dos tópicos da novela de ciencia ficción , a viaxe polo espazo e por mundos descoñecidos doutras galaxias.
Mais , hoxe día do Medio Ambiente, esta viaxe aparece irmandada con mensaxes positivas como a conservación do medio, o consumo sustentable ,e , tamén  sobre a aceptación das persoas que son diferentes a nós.
O encontro resultou moi ameno e agradable e todos e todas quedamos encantadas coa interesante charla sobre, como xurdiu a idea deste libro, falounos tamén dos outros títulos que ten escritos, e mesmo nos adiantou as ideas para o próximo.
A nós parécenos, unha lectura moi recomendable para os nenos e nenas da segunda e terceira etapas de Primaria,e, recomendámolo especialmente, para que o lean durante as vacacións do verán os nosos compañeiros e compañeiras que aínda non o leron.
Ao finalizar a charla, o autor asinou amablemente  os nosos exemplares.Moitas Grazas por un encontro tan entretido!!!



miércoles, 13 de mayo de 2015

ENCONTRO CON ESTEBAN SERRANO MARUGÁN.


"Que bo é ler! Cada vez que comezo un libro xa sei de antemán que vou encontrar unha frase que me vai chegar moi fondo. Sempre haberá unha idea, un verso, un diálogo, un símil, un personaxe, un xiro, unha palabra; sempre sei que, oculto entre as liñas dunha das súas páxinas, hai algo esperándome que parece escrito especialmente para min."

Esteban Serrano Marugán é profesor de matemáticas no instituto de educación secundaria África, de Fuenlabrada (Madrid).

 
Este pasado martes, día 12, os rapazes e rapazas de 5º, estaban entusiasmados, tiñan unha videoconferencia con Esteban Serrano Marugán, a partir da lectura do seu libro "Ojalá no hubiera números".
Foi moi interesante.


Esteban Serrano Marugán pensa que, ao igual que coa música, a
natureza, a literatura ou o deporte, todo o mundo pode gozar coas
matemáticas. Quere deixar unha mensaxe clara a todos os que lean os seus libros:


"Só hai unha cousa que nunca ninguén vos poderá quitar: aquilo que aprendedes"
 

 

 

jueves, 30 de abril de 2015

ENCONTRO CON FRAN ALONSO.

O 29 de abril Fran Alonso volveu ao noso colexio!
Os rapaces e rapazas de 5º, neste último trimestre, leron, comentaron, e gozaron da lectura de "O meu gato é un poeta", tiñan moitas ganas de ver o seu autor, escoitalo e preguntarlle un montón de cousas, sobre o seu libro.
Superou todo o que esperábamos!!!



 


 

foi xenial...!
Ímolo seguir lendo...!

lunes, 20 de abril de 2015

ENCONTRO CON PACO NOGUEIRAS.

Que ben o pasaron os nenos e as nenas de 2º!!!
Hoxe veu a vernos Paco Nogueiras e puidemos ver unha extraordinaria actuación deste músico, poeta e contacontos.
Os nenos quedaron pasmados e engaiolados, fíxoos rir, sorprender, asustar e moverse ao ritmo de ukeleley e do acordeón.








 
Foi una festa!!!

ENCONTRO CON SUSANA LAMELA

Hoxe 20 de abrir, abrindo as actividades da celebración da semana do libro, os nenos e nenas de 1º puideron coñecer a Susana Lamela, a autora de "Soños no andel", libro que neste segundo trimestre estiveron a ler.
O encontro foi un éxito, agradable e cheo de agarimo.
Antes de irse puidéronlle ensinar o "ANI" que eles fixeron, un precioso e enorme libro. Se o queres ver PICA AQUÍ.



 
 






 
Grazas por vir Susana!!!
e grazas por escribir para nós !!!

jueves, 29 de enero de 2015

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS. "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"


 
Estabámolo desexando...!, xa comezamos, este martes 27, unha das nosas actividades favoritas, "Encontros co Aut@r", a primeira autora deste ano é LEDICIA COSTA coa súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Ao principio, o escenario do cemiterio, parecíanos un pouco arrepiante, pero aos poucos iamos lendo unha historia chea de originalidad, aventura, emoción, maxia, amor e un macabro e desbordante humor. As ilustracions de VICTOR RIVAS son preciosas.
A moitos de nós, o que máis nos gustou foron esas larpeiras receitas, que fixeron que nos entrase curiosidade polo mundo da cociña, tanta curiosidade, que nos animamos a facer algunhas de esas receitas.
Durante o noso encontro, a autora contounos moitas cousas sobre ela e o seu libro, contounos como de pequena gustáballe moito cociñar, pero non lle saía nada ben, entón a súa irmá facía cousas riquísimas e ela as comía... ,e que quizais por iso lle gustaba motivarnos para que nos achegásemos á cociña. Tamén contestou a todas as nosas preguntas, que foron moitas...!
Pasámolo Super ben...!!!

 
«Escarlatina, a cociñeira defunta é fundamentalmente un libro de humor. Quixen facer do macabro algo divertido, desmitificando a morte e o seu significado. Pensei no libro que a min me gustaría ler se fose unha nena e apostei polo mundo da cociña, emprendendo unha ruta gastronómica polo Máis Alá.» Ledicia Costa.