miércoles, 14 de mayo de 2014

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

Chegou ao noso cole Fran Alonso para falarnos principalmente da súa obra "Cidades".


O libro,  resultounos unha lectura moi entretida, pero nada comparado co ben que nolo pasamos cando Fran Alonso empezou a falarnos... a lernos... a contarnos..., parecía "MÁXIA".
 
Recoñecido e unanimamente aplaudido, "Cidades" converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que todos entremos na poesía.

CEIP "A PONTE" OURENSE by Slidely Slideshow
 
...Non queriamos que se acabase "O ENCONTRO CON FRAN ALONSO"!!!
 
 Enlace onde podes atopar a biografía, obra, recursos didácticos dos seus libros, e entrevistas a Fran Alonso

miércoles, 7 de mayo de 2014

ENCONTRO CON ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

 O escritor que nos visita esta vez é Alfredo Gómez Cerdá, e o libro que lemos é "Barro de Medellín".
Contounos que cando escribe concéntrase moito no que está facendo e non pensa máis nada que niso. ¡Que dificil! Tamén nos dixo que desde moi pequeno xa pensaba en ser escritor.
 E sabedes cal é o libro co que máis premios conseguiu e fixéronse máis de 40 edicións "Barro de Medellín" con el gañou o "Premio Ala Delta" e o "Premio Nacional de Literatura".
 Levamos os libros que leramos del e asinóunolos a todos. Tamén asinou e dedicou algúns libros que del tiñamos na nosa Biblioteca .Foi moi amable.
 Para terminar díxonos que si conseguira que todos nos afeccionásemos un pouco máis pola lectura iríase moi contento
É unha historia que ejemplariza o amor polos libros de moitos mozos. Son os sentimentos e os valores os que fan universal esta historia de afecto, lealtad, complicidade, coraxe, soños, ilusións e amizade, destacando valores como o da cultura como táboa de salvación
 



 
 
 
Si picas aquí, poderás entrar na súa páxina oficial, onde atoparás a súa biografía, obras, fotos, noticias, etc