jueves, 21 de noviembre de 2013

ENCONTRO CON FERNANDO CORTIZO DIRECTOR DA PELÍCULA "O APOSTOLO"

O día 20 tivemos  unha xornada didáctica na que nos ensinaron, aos alumnos e alumnas de 5º e 6º, o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película O Apostolo dirixida por Fernando Cortizo que estaba presente nesta actividade
O Apóstolo é a primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa,  e que recentemente foi a triunfadora nos Mestre Mateo onde acadou 6 Premios, entre eles á mellor película

Sinopse:
Un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario