viernes, 20 de abril de 2018

OLGA CUERVO, CONTACONTOS

O 19 de abril tivemos a visita de Olga Cuervo, unha contacontos coa que os rapaces e rapazas de 3º e 4º o pasaron fabuloso.


Esperamos que volva pronto a vernos.

jueves, 19 de abril de 2018

FINA CASALDERREY

Os alumnos de 3º, 5º e 6º, o mércores 18 recibiron a visita de Fina Casalderrey, falounos dos seus libros "O Estanque dos Parrulos Pobres", "Isha, nacida do corazón", "Unha Raiña Negra". Foi un encontró moi entretido.


Esperamos con impaciencia o seu próximo libro

miércoles, 18 de abril de 2018

MARÍA CANOSA, "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS"


O encontro con María Canosa, para falarnos do seu libro "O Día Que Choveu Do Revés", foi o dia 17 de abril para os mozos e mozas de 2º, dentro das actividades do Día do Libro.
Un libro e un encontro cheo de natureza, humanidade, fantasía, humor e optimismo.




Grazas María

martes, 17 de abril de 2018

PEPE TOBARUELA."FORMIGAS MISIÓN PARÍS"

Dentro das actividades que rodean ao Día do Libro, o luns 16 os nenos e nenas de 4º, tivemos a visita de Pepe Tobaruela para falarnos do último libro que leimos del, "Formigas: Misión París".
Falamos sobre o que máis nos gustou do libro, sobre como creou os personaxes e de moitas cousas máis.


Foi un encontro moi entretido, encantounos a visita