viernes, 3 de noviembre de 2017

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

Empezamos os "Encontros co Aut@r"!!!



Dentro das celebracións do Mes das Bibliotecas, visítanos o maravilloso escritor e  fantástico contacontos de Ourense, Iago López Santos, que tamén é profesor de educación infantil.
Visita o centro para manter unha xuntanza cos rapaces e rapazas de educación infantil e primaria a partir do seu libro "O Cociñeiro Martiño". A historia conta as aventuras dun chef que quere preparar o mellor bizcocho da súa vida para ocupar o cargo que ofrece para traballar nas cociñas do palacio real e cociñar a partir de aí para reis, príncipes e nobres.

Un pracer escoitalo e participar das súas historias.





Encantounos!!!
Pasámolo fenomenal!!!
  PICA (Bibliopontiña, Mes das Bibliotecas)