miércoles, 20 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


Os nenos e nenas de 2º de primaria coñecemos a Marcos Calveiro, o autor de "Raro" , o libro que todos xa lemos...
Marcos contounos como todos, por algún motivo, temos "rarezas", a súa é que utiliza calcetíns de
distinta cor, e preguntounos polas nosas.
Tamén nos contou como, a pesar de ser un libro moi pequeno, tardou 6 meses en escribilo, e é o
único que escribiu para nenos pequenos.
Gozamos moito deste escritor tan próximo, espontáneo e paciente con todas as preguntas que lle
fixemos.
Marcos soubo achegarse a nós e rirse connosco.




 

Sempre lembraremos o luxo extraordinario de poder coñecer a un escritor da súa calidade!!!

viernes, 1 de abril de 2016

ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS.


Este 31 de marzo, tivemos a sorte de recibir no noso cole a Érica Esmorís, esta autora veunos falar do seu último libro "Nena e o mar" polo que recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantíl 2015. Pero isto non foi todo, ademais fixémolo en moi boa compañía, convidamos os nosos veciñ@s do CEIP dá Antela de 6º curso, Que luxo!!!
Érica, contounos cousas dela, que naceu preto da praia, e que o mar, o sol e os libros é o que máis lle gusta , que estudou veterinaria polo seu amor aos animais; que admiraba a Pippi Langstrumpf...e un monton de cousas mais.
Érica contounos que "Nena e ou mar", é un relato de superación onde a desidia pode ser superada pola forza do amor.


 
Foi moi entretido, pasámolo xenial!!!