Ramón Caride presenta nesta novela curta un dos tópicos da novela de ciencia ficción , a viaxe polo espazo e por mundos descoñecidos doutras galaxias.
Mais , hoxe día do Medio Ambiente, esta viaxe aparece irmandada con mensaxes positivas como a conservación do medio, o consumo sustentable ,e , tamén sobre a aceptación das persoas que son diferentes a nós.
O encontro resultou moi ameno e agradable e todos e todas quedamos encantadas coa interesante charla sobre, como xurdiu a idea deste libro, falounos tamén dos outros títulos que ten escritos, e mesmo nos adiantou as ideas para o próximo.
A nós parécenos, unha lectura moi recomendable para os nenos e nenas da segunda e terceira etapas de Primaria,e, recomendámolo especialmente, para que o lean durante as vacacións do verán os nosos compañeiros e compañeiras que aínda non o leron.
Ao finalizar a charla, o autor asinou amablemente os nosos exemplares.Moitas Grazas por un encontro tan entretido!!!