
Esteban Serrano Marugán é profesor de matemáticas no instituto de educación secundaria África, de Fuenlabrada (Madrid).
Este pasado martes, día 12, os rapazes e rapazas de 5º, estaban entusiasmados, tiñan unha videoconferencia con Esteban Serrano Marugán, a partir da lectura do seu libro "Ojalá no hubiera números".
Foi moi interesante.
Esteban Serrano Marugán pensa que, ao igual que coa música, a
natureza, a literatura ou o deporte, todo o mundo pode gozar coas
matemáticas. Quere deixar unha mensaxe clara a todos os que lean os seus libros:
"Só hai unha cousa que nunca ninguén vos poderá quitar: aquilo que aprendedes"