lunes, 4 de febrero de 2019

IAGO LÓPEZ: "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"


Hoxe os nenos e nenas de 1º tiveron a visita de Iago López, o autor do libro que xa leron e que tanto lles gustou. É unha historia superentretenida onde se conta a festa de aniversario do rei, e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta... as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo. 


Foi un encontro moi entretido e o libro gustounos a tod@s moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario