Os
alumn@s de 6º levan algún tempo traballando cos libros
"Escarlatina,
a cociñeira defunta" e "As peripecias de extravaganza
Pérez",
e onte tiveron a oportunidade de volver ver a súa autora, Ledicia
Costas.
Os rapaces demostraron ser moi fans da autora e, ademais de
organizarlle unha recepción ao grande, demostraron ler en detalle
ambos libros.
"Unhas
lecturas moi sinxelas e fáciles de ler", cóntanos Ledicia.
As
preguntas foron constantes, e os rapaces demostraron saber ben do que
estaban falando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario