Dentro das celebracións do Mes das Bibliotecas, visítanos o maravilloso escritor e fantástico contacontos de Ourense, Iago López Santos, que tamén é profesor de educación infantil.
Visita o centro para manter unha xuntanza cos rapaces e rapazas de educación infantil e primaria a partir do seu libro "O Cociñeiro Martiño". A historia conta as aventuras dun chef que quere preparar o mellor bizcocho da súa vida para ocupar o cargo que ofrece para traballar nas cociñas do palacio real e cociñar a partir de aí para reis, príncipes e nobres.
Un pracer escoitalo e participar das súas historias.
Encantounos!!!
Pasámolo fenomenal!!!
PICA (Bibliopontiña, Mes das Bibliotecas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario