Os nenos e nenas de 2º de primaria coñecemos a Marcos Calveiro, o autor de "Raro" , o libro que todos xa lemos...
Marcos contounos como todos, por algún motivo, temos "rarezas", a súa é que utiliza calcetíns de distinta cor, e preguntounos polas nosas.
Tamén nos contou como, a pesar de ser un libro moi pequeno, tardou 6 meses en escribilo, e é o único que escribiu para nenos pequenos.
Gozamos moito deste escritor tan próximo, espontáneo e paciente con todas as preguntas que lle fixemos.
Marcos soubo achegarse a nós e rirse connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario